Voces da literatura galega participan no recital de poesía de Lalín

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

25 may 2025 . Actualizado a las 20:44 h.

O vindeiro sábado 31 de maio terá lugar en Lalín un recital de poesía que contará coa participación de distinguidas voces da literatura galega como Xosé Manuel Lobato, Charo Golmar, Manuel Núñez, Avelino Jácome e Luis G. Tosar. O encontro busca achegar a poesía á veciñanza e poñer en valor a palabra como expresión artística.

O recital será ás 18.00 horas no parque Ramón María Aller, a carón da igrexa, e contará co acompañamento musical de Manoele de Felisa. En caso de choiva celebrarase no museo municipal.

Do mesmo xeito, o venres haberá unha sesión de teatro en Lalín ás 21.00 horas no Salón Teatro, onde se representarñá O que hai que ver! de Fulano, Mengano e Citano.