Hoxe Lalín convertese no epicentro das matemáticas coa chegada dunha xornada de divulgación chamada Non mates as mates. O encontro terá lugar na Praza da Vila e está organizado polo profesorado e alumnado da Facultade de Matemáticas da USC. Trátase dun acto de balde e que non require de inscrición previa.
A actividade desenvolverase ao longo do día e contará con dúas partes. Pola mañá, entre as 11.00 e as 13.00 horas, realizaranse obradoiros divulgativos e xogos matemáticos dirixidos a tódalas idades. Pola tarde, de 20.00 a 21.30 horas, terá lugar un ciclo de charlas curtas divulgativas impartidas por el alumnado de la Facultade de Matemáticas de la USC, co fin de achegar as matemáticas dun xeito ameno, entretido e accesible aos presentes.
A escolla de Lalín como lugar de reunión non é aleatoria, senón que conta cunha carga simbólica pola importancia da vila no desenvolvemento matemático, tendo como referente ó matemático e astrónomo Ramón María Aller Ulloa, que foi considerado como o precursor da Facultade de Matemáticas e pioneiro da astronomía galega.
O obxectivo desta iniciativa é poñer en valor o coñecemento, o talento galego e a tradición científica do país. Ademais, este acto pertence á campaña social de defensa do Máster Universitario en Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, cuxa continuidade se está vendo ameazado debido á decisión da Xunta de Galicia de suprimilo, ante o que centos de persoas se están opoñendo.