A Festa do Polo á Brasa de Barcia volve hoxe no seu formato orixinal

n. g. / R. R. LALÍN / LA VOZ

LALÍN

19 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Festa do Polo á Brasa na parroquia lalinense de Barcia é outra das citas desta xornada, que contará con catrocentas persoas. Este ano, a festa recupera o seu formato orixinal, preparando os polos, uns douscentos, nunha grella e servíndoo recén feito. Para pechar con música, tras a cea actuarán a orquestra Punto Clave e a Charanga Mekánica Rolling Banda.