José Criado: «Eu quero ser un cura que estea con veciños, que estea no medio da xente»

LALÍN

Apunta que «igual que se ven a Lalín ao médico e a facer á compra, tamén haberá que ir pouco a pouco indo á misa, é imposible ir a todas as parroquias»
16 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O día 16, terá lugar na parroquia das Dores de Lalín un acto de presentación aos feligreses e, dalgún xeito de toma de posesión, do equipo sacerdotal que preside, José Criado, en calidade de moderador. Ata entón, grupo está a ter reunións para organizar á atención a esas 59 parroquias de Lalín, Dozón e Vila de Cruces das que se farán cargo. Nesa reestruturación faltan algúns nomes de sacerdotes de certa idade que, ben se retiran os limitan a súa actividade.
É o caso de José Antonio García Otero, o cura de Muimenta, que se retira aos seus 80 anos e aínda que lle propuxeron a posibilidade de seguir con algunha parroquia dixo que prefería que non. Entre o grupo de catro sacerdotes designados polo Bispado para o Arciprestazgo do Deza, José Antonio Salgado, que xa estaba adscrito a parroquia de As Dores de Lalín, ten 78 anos e, apuntaba onte Criado «vai colaborar pero non quere responsabilidade de ningunha parroquia». Luis Galego, párroco en Silleda, apunta «tiña cinco parroquias e quedará coas de Taboada e Ponte».
O equipo lalinense, do que tamén forma parte ademais de José Criado, Santiago Lillo que xa estaba no Corpiño, José Ramón Pena e a axuda do diácono, Jesús Ángel González Beltrán.
Tras o seu nomeamento, José Criado explica que «eu, principalmente quero ser un cura que estea cos veciños, en medio da xente intentando levarlles a Xesucristo, que é a miña misión como párroco. Estar no medio deles, que coñezan ao seu cura e estar con eles».
De momento, apunta José Criado, «é algo moi recente e aínda non sabemos como vai ser a atención ás parroquias. Temos que seguir reuníndonos e ver como vamos a levar a cabo isto porque somos poucos e moitísimas parroquias. Aínda só tivemos tempo de empezar a ter contacto o equipo pero non moito máis». O que si teñen claro é que será imposible ter misas todas as semanas en todas as parroquias. Explica que «teremos que pensar que igual que se ven a Lalín ao médico, que se vai a Lalín a facer a compra, tamén haberá que ir pouco a pouco indo á misa». Quedarán, engade, «os centros, aínda non sabemos os que, nin como porque é todo moi recente pero teremos que organizar a zona por áreas».
Dentro desa organización se baralla ter como base a reestruturación de áreas parroquiais que, para outro tipo de cuestións, está facendo o Concello de Lalín. Un traballo que cree, poderán aproveitar. «Temos que xuntarnos, temos que estar unidos, temos que intentar vernos e apoiarnos e seguir todos na mesma liña pero para iso temos que xuntarnos, non nos queda outra», indica. A demografía, di, «baixa moitísimo e moi envellecida e nós queremos atender a todas as parroquias en todo o que faga falta e no que nos pidan e demanden, pero todas as semanas vai ser imposible».
Agradecen ter ese mes de prazo entre a designación e a toma de posesión para ir preparándose e ir organizando todo. Con Marcos Torres, comenta, «temos moi bo trato e con el moi ben. Xa nos reunimos a semana pasada e estivemos vendo como organizar o traspaso de poderes, dito dalgún xeito. Coincidimos no seminario, o coñezo desde sempre, estamos no mesmo arciprestazgo, sempre colaboramos e nos ordenamos con pouquiña diferenza. El ao ser de aquí, coñece moito e é unha gran axuda para min e sérvenme moito de orientación. Os seus consellos sempre axudan moito». Criado enxalzou a gran labor feita por Marcos Torres apuntando que «esta seguirá sendo a súa parroquia, por suposto terá unha chave como é normal e poderá vir a oficiar un bautizo, unha comuñón, un funeral, unha voda cando queira. Xa o falamos e nunca houbo ningún problema para estas cousas».
Alégralle a resposta dos veciños para con Marcos Torres e que evidencia que «en Lalín vese que moita xente que ten moita fe porque a Marcos lle queren moito. Creo que a súa labor foi moi moi grande en Lalín e moita xente lle mostra agradecemento . É algo moi bonito e a min alégrame moito que sexa así».
En canto á súa marcha, José Criado Sánchez, lembra que «os curas estamos ao servizo da Diocese e vamos onde nos pide o Bispo. O bispo pediulle a Marcos se aceptaba cambiar, el aceptou e lle deu un novo destino. Alí vai ter moita labor co Camiño de Santiago e cos peregrinos».