
13 sep 2023 . Actualizado a las 05:00 h.
A autora Clara Martín acaba de proclamarse gañadora da oitava edición do Concurso Balbino de Relatos cunha obra presentada baixo o título Loucine e o pseudónimo Matilda Wormwood. O xurado destacou na novela «o gran traballo na caracterización dos personaxes nunha historia que atrapa pola intriga e que é quen de reflectir, con notable habelencia, unha sinfonía de soidades na que todos os seres deste relato atopan o seu lugar no mundo». O xurado estivo integrado por Rosalía Morlán, Carlos Loureiro, Xosé Manuel Lobato, Fernando González Graña e Armando Requeixo. A obra será publicada por Edicións Fervenza, co apoio de Política Lingüística, Deputación, concellos de Cruces, Boqueixón e Silleda e Fundación Neira Vilas.