![](https://img.lavdg.com/sc/NRrgAkTIpag74mCk2nLqgHX02vQ=/480x/2024/05/21/00121716319261829862252/Foto/A_20240521_141345000.jpg)
A biker do Grove volve subirse ao podio dunha carreira da Taça de Portugal
22 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A corredora grovense do RG Bikes Scott de Silleda, Lara Lois, disputou o pasado domingo a prestixiosa proba portuguesa Super Cup XCO en Vila do Conde. Fíxoo subíndose novamente ao podio doutra proba da Taça de Portugal da modalidade olímpica do ciclismo de montaña, segunda a 37 segundos da lusa Joana Monteiro. A estonia Meier Maaris completou a tripleta de honra.