Máis de 150 imaxes para achegar os Xenerais da Ulla nunha publicación

La Voz

SILLEDA

Sandra Alonso

Recollen fotografías tomadas por Eutropio Rodríguez e Javier Iglesias

19 jun 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

O Museo do Pobo acolleu a presentación de «Viva! Os Xenerais da Ulla», unha publicación que reúne 150 imaxes tomadas entre os anos 2015 e 2023 polos fotógrafos Eutropio Rodríguez e Javier Iglesias para retratar esta tradición do entroido nos concellos de Santiago, Vedra, Teo, Boqueixón, Touro, Padrón, Silleda, Vila de Cruces e A Estrada.

O libro recolle unha colección das 50.000 imaxes que tomaron durante estes anos percorrendo os lugares nos que se mantén esta tradición. A obra compleméntase cun texto do músico e investigador Fernando Reyes, que se centra nas orixes e modelos da representación dos míticos Xenerais. Reyes considera que a orixe desta tradición é anterior á época napoleónica, ligando a máscara barroca e os Xenerais.