Silleda prepárase para o Domingo de Baldréus

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

18 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación SIC Iniciativas Culturais puxo en marcha unha campaña para encher as ventás e escaparates de Silleda coas máscaras e a figura do Baldréu para fomentar os festexos do Domingo de Baldréus. Baixo o lema Eu tamén son Baldréu, o colectivo lembra que en dez días arrinca o entroido na localidade coa celebración do Venres Sombrereiro e o acto de presentación de Juanito.

 Aseguran que a campaña de reparto de máscaras estase intensificando nos últimos días, «unha vez a veciñanza empeza a ver xa as primeiras máscaras adornando ventás e escaparates». Ditas máscaras pódense recoller nas tendas Carmiña Moda, Mamsunción e Carmiña Floristas por un prezo de cinco euros por cada unha.

Xantar

Por outra banda, lembran que están á venda os tiques para o xantar do Domingo de Baldréus, os cales tamén se poden mercar nas tendas citadas con anterioridade. O xantar servirase na habitual carpa instalada na praza da Feira de Silleda, ás 14.30 horas, xusto ao rematar o Vermú de Mandís, que visitará varias rúas e locais hosteleiros da vila.

O prezo é de 25 euros para adultos, 12 para nenos de entre cinco e doce anos e 6 para os menores de cinco. Empanada, churrasco, sobremesa, bebidas e café son os protagonistas do menú.