
Actos en centros educativos de Silleda e Forcarei
25 feb 2025 . Actualizado a las 16:12 h.En numerosos centros educativos das comarcas houbo estes días actos con motivo do aniversario de Rosalía de Castro. Por exemplo, no instituto Pintor Colmeiro de Silleda onte o alumnado e os docentes cantaron a Alborada, na versión de Uxía. Previamente os ensaios do coro tiveron lugar nos recreos das dúas pasadas semanas na aula de usos múltiples para todos os interesados en participar. Pola súa banda, o colexio Nosa Señora da Piedade de Forcarei festexou a Rosalía e a súa literatura con distintas actividades en torno ao seu poema Miña casiña, meu lar. O venres houbo caldo de gloria no comedor, mentres o domingo publicou o centro nas súas redes sociais un vídeo con participación de antigos directores e directoras deste CEIP recitando o poema. Onte houbo un acto conmemorativo sobre o legado da escritora e para reforzar o valor da lingua galega como alicerce que une e identifica como comunidade. Por outra parte, o domingo no local social de Berres tamén houbo degustación de caldo de gloria con máis de medio centenar de asistentes.