22 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
O vindeiro mércores ás 18.00 horas a biblioteca municipal Daniel Castelao de Silleda acollerá un novo espectáculo para o público infantil. Así, da man do Contacontos Kairo celebrarase unha xornada de contos da editorial Kalandraka. Dende o Concello inciden en que esta actividade busca fomentar a lectura entre os máis pequenos a través dos contos cantados de Tania Justo. O contido está adaptado para nenos de 0 a 6 anos.