«A unión de todos é fundamental»

Cristina Viu Gomila
Cristina Viu REDACCIÓN / LA VOZ

VILA DE CRUCES

O secretario xeral técnico de Asociación Galega de Apicultores, o cruceño Xesús Asorey, incide na necesidade de maior coordinación contra a velutina

27 dic 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Xesús Asorey (Vila de Cruces,

1952) é o actual secretario xeral técnico e socio fundador número un da Asociación Galega de Apicultores (AGA), que comezou a súa andaina hai hai 35 anos.

-¿Por que crearon AGA?

-O máis distintivo das abellas é que viven formando sociedades e grazas a iso sobreviviron. Desapareceron os dinosaurios, pero

elas levan entre nós 80 millóns de anos. Grazas ao seu sistema organizativo foron capaces de saltarse tódalas calamidades. Tamén vin que polo mundo adiante había unhas grandes asociacións de apicultores en países como Suíza, Francia ou Eslovenia, onde estivemos este ano. Alí non se lle ocorre a un apicultor non estar asociado. A unión é fundamental, tanto para as abellas como para os abelleiros.

-¿Por que para os abelleiros, xa que en realidade parece unha afección ou un traballo un tanto solitario?

-Claro, claro. Aínda que nos queren meter sempre os organismos oficiais como gandeiros, porque nos consideran produtores de mel, de polen e etcétera.

Aquí hai abelleiros que teñen desde unha colmea ata 5.000, por exemplo. Hai unha maraña moi ampla de intereses. Que teñan máis de 150 colmeas hai en Galicia só 100 dos 3.500. Non hai interese comercial senón que é xente instruída, que sabe que o traballo principal das abellas é a polinización, polo que fan un ben social. Grazas a elas temos biodiversidade, distintas flores e cores nos nosos campos, influímos

na paisaxe. Sen as abellas non existirían moitas froitas e hortalizas. Nós somos uns observadores privilexiados, as nosas abellas dinnos que o cambio climático é potentísimo. Están cambiando os seus costumes a unha velocidade enorme, sobre todo nos dez últimos anos.

-A apicultura semella unha actividade máis ben relaxante, pero vostedes parecen ser moi apaixonados.

-Os apicultores somos moi, moi

apaixonados e falamos das colmeas e dos seus produtos marabillas, pero chegan agora certas calamidades e a xente alporízase moito. Aquí o animal mediático por excelencia era o oso, cando vai a colmea para comer o mel aparecía en tódolos xornais e televisións, pero agora veu a vespa

velutina a pasou a un segundo plano. Nós observamos que é un problema en Galicia, pero tamén mundial, porque non se sabe se é polo cambio climático ou non, pero o que si sabemos é que hai moitas máis nespras das que había. Os asiáticos tamén están moi mosqueados. Os apicultores en vez de relaxarse están moi alporizados. Consideramos que a Consellería do Medio Rural é a que ten que coordinar. Agora hai cartos, pero cada un vai polo seu lado. O resultado é que non avanzamos e a nespra si.

-¿E os abelleiros fan o que poden? ¿Séntense realmente ameazados?

-Impotentes, diría eu. Realmente hai un problema de seguridade

cidadá, pero os abelleiros non están máis expostos ca os demais. Houbo hospitalizados e mesmo un morto, aínda que era unha persoa alérxica. Nós xa temos advertido á Xunta de que pode haber casos graves porque a xente

vai cortar madeira ou recoller froita e se non ves o niño elas son

moitas, saen disparadas e iso pode acabar moi mal. Os abelleiros fundamentalmente defendemos as nosas abellas, porque vemos que o ataque é tremendo.

-¿Por que tolean os abelleiros

cando ven iso?

-Hai moitos xubilados que nunca ao tenis xogaran, que nunca tiveran unha raqueta na man e van para o apiario e andan a golpes coas nespras.

-Daquela hai unha loita corpo a

corpo pola defensa das abellas na nosa comunidade.

-Isto futuro non ten. Haberá que

combater con outras armas. Sería

moi interesante ter unha feromona específica para meter nas trampas e na primavera capturar ás raíñas para que non fagan niños. Será a clave. As nosas Universidades terían que facer algo no tema. Hai proxectos futuristas que nós sabemos que son posibles porque hai a tecnoloxía, pero non hai a suficiente masa crítica. Non hai negocio de abondo para que o fagan as empresas. Á

Administración dicímoslle que

hai que facer un plan de vixilancia e de investigación

Fundador da asociacion. Xesús Asorey é socio fundador número un de AGA, que xa teñe sete lustros de vida e segue na defensa das abellas en Galicia.

Crecente interese pola apicultura. O secretario xeral técnico incide no aprecio pola biodiversidade que aportan as abellas.

«En Londres ou en París hai colmeas nas terrazas dos pisos»

A paixón polas abellas é maior canto máis civilizadas son as s ciedades. Así o cre Xesús Asorey que leva anos percorrendo o mundo e coñecendo como se vive a apicultura fóra de España. Lamenta que aquí non se permitan a colmeas nas cidades.

-¿Por que cada vez hai maior interese pola apicultura?

-Este é un tema totalmente apa xonante. A xente que se achega a este mundo queda como enganchada porque o comportamento das abellas e o seu xeito de vivir marabilla a grandes e pequenos. Hai presidentes de goberno que teñen abellas aínda que non o digan publicamente. Na Casa Branca agora hai colmeas porque Michelle Obama ten un horto ecolóxico e tenas para polinizar e para que as vexan os rapaces. Afección preferida de Obama é facer cervexa con mel. É o regalo que ofrece aos visitantes. Ademais, debido calamidades como

a velutina, a varroa ou os pesticidas neurótoxicos están totalmente asediadas e por iso a xente

remángase e ponse o mono de traballo para defendela. En Londres ou en París hai colmeas nas terrazas dos pisos, nos museos e mesmo nos grandes restaurantes, que ofrecen o seu propio mel. A lexislación prohíbenas en España. Estamos menos concienciados da súa importancia.

-¿Por que lles temos tanto aprecio?

-Sabemos que a desaparición das abellas é un problema medioambiental de primeiro orde.

Se fallan non habería comida, novas plantas e biodiversidade. Decaería a o número de abellas no mundo, como está a decaer, porque se están a utilizar moitos pesticidas na agricultura, pero tamén

pola velutina, porque os apicultores tanto se é para autoconsumo como comerciais, deixan de producir, xa que elas teñen medo e non saen ao campo.