
O grupo Voces da Terra promove para esta tarde un encontro musical no Auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces
20 feb 2016 . Actualizado a las 05:00 h.Ás 19.30 horas arrancará no auditorio municipal cruceño a segunda edición do Encontro Voces da Terra, que organiza o Concello en colaboración coa agrupación local. A posta en marcha desta iniciativa hai que buscala, segundo José Luis Villaverde, na profesora da formación.
-O ano pasado Rocío Mosquera, que é quen nos dirixe, nos prantexou a posibilidade de facer un encontro con outros grupos. Consideramos que a proposta podía ser un acerto. Fixemos o primeiro encontro, que pensamos que foi ben, e aquí estamos co segundo.
-¿Unha segunda edición semellante á primeira polas súas características?
-A profesora nos animou a misturar un poucio de todo e iso é o que imos facer. Un encontro onde se misturará banda, rondalla, e pandeiretas. Música para intentar satisfacer a todos os públicos. Polo escenario pasarán as Pandereteiras de Cercio, Os Laxeiriños de Vedra, estará Scene Ballet de Lalín, virá a Rondalla Moraima de Arzúa, contaremos co grupo de baile cruceño Punteirolo, coa Banda Unión Musical de Ponteledesma e nós, Voces da Terra.
-¿Cantos temas interpretarán?
-Unhas cinco ou seis cancións. Un tema o imos cantar coa Banda Unión Musical de Ponteledesma; unha zarzuela ben complexa por certo, outra será coa rondalla de Arzúa e outra coas pandereteiras.
-Entrada de balde.
-Totalmente, para todos os que queiran vir. No mes de decembro xunto con Punteirolo fixemos unha actividade con finalidade solidaria pero esta non o é.
-¿Cal é o seguinte proxecto?
-Prepararnos para a celebración do Crucesarte que se desenvolverá para finais do mes de abril.