Estreitan os lazos socioculturais entre Cruces e Campana

La Voz

VILA DE CRUCES

Jesús Otero mantivo un encontro con Carmen Lareo e Walter Melo

28 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero, mantivo onte unha reunión con Carmen Lareo, presidenta da fundación Paco Lareo, e Walter Melo, creador da réplica do primeiro automóbil arxentino colocado o pasado sábado por doazón da municipalidade de Campana na Arxentina. Decidiuse proseguir conxuntamente con actividades que consoliden o intercambio sociocultural entre ambas comunidades. Acordouse que algún artista de Campana puidese participar na Xuntanza Internacional de Artes Plásticas da Solaina do Piloño que terá lugar no 2018, e por ende que algúns dos artistas que conformen a xuntanza do 2017 puidesen visitar Campana para participar en diversas actividades.