Uns trescentos rapaces participaron no encontro de coros no Ágora

La Voz A CORUÑA / LA VOZ

EDUCACIÓN

Momento do encontro de coros coa actuación do alumnado do IES de Ortigueira
Momento do encontro de coros coa actuación do alumnado do IES de Ortigueira ANGEL MANSO

Os institutos Afonso X, de Cambre, e Salvador de Madariaga, de A Coruña, organizaron a actividade musical

18 mar 2025 . Actualizado a las 16:52 h.

Centos de rapaces de cinco institutos da provincia da Coruña participaron onte nunha iniciativa organizada por dous centros: o IES Afonso X o Sabio (Cambre) e o IES Salvador de Madariaga (A Coruña). O encontro tivo lugar no centro cívico Ágora, na cidade herculina, e ademais dos rapaces dos institutos convocantes participaron alumnos do IES María Casares (Oleiros), IES de Ortigueira e IES Xelmírez I (Santiago de Compostela).

Este encontro de coros escolares estase a converter nun referente de boas prácticas para que o alumnado dos devanditos institutos experimente a música en comunidade e fomenta a colaboración, a expresión artística e o traballo en equipo.

A música coral é un espazo perfecto para que o alumnado poda mostrar o seu talento, e por iso o encontro foi unha ocasión para gozar da música en directo e valorar o esforzo da mocidade que traballa nos seus centros todo o ano.