Lois García Carballido, PSOE Ponteceso: «Levo tres anos sen un día de vacacións»
ELECCIONES 28M

A carreira electoral | «Xamais pactarei con alguén que lle puxo prezo ao seu voto», asegurou o alcalde e candidato polo Partido Socialista
08 may 2023 . Actualizado a las 14:09 h.Para o socialista Lois García Carballido esta é a cuarta vez que se presenta como candidato á alcaldía de Ponteceso. Rexedor dende xuño de 2015, intentará manter o bastón de mando nun municipio con sete forzas en liza. Pero este docente de profesión ten claro que os veciños apoiarán, de novo, a súa xestión o vindeiro 28.
—Como afronta estes comicios?
—Con máis gañas que nunca de continuar este traballo en favor de Ponteceso, a pesar dos atrancos e as navalladas que lles meteron aos veciños os partidos da oposición. Este Concello vai despegar, vai como unha locomotora do AVE. O único que precisa é un goberno que aporte estabilidade, e esta estabilidade so vén da man do PSOE.
—Este foi un mandato moi complicado a nivel institucional.
—Os partidos da oposición intentaron arruinar este Concello, afortunadamente non o conseguiron. Seguimos en pe e máis ilusionados ca nunca, con case seis millóns de euros en obras neste mandato. Pero esta oposición foi a que fixo que Ponteceso perdera 4 millóns de euros. Rexeitou un plan de 2 millóns de euros dunha subvención para o cambio de alumeado público, que ademais reducía a factura anual en 300.000 euros e o mantemento do servizo noutros 60.000. Esta oposición foi a que rexeitou o POS, foi a que rexeitou o plan de pago a provedores. Tivo que vir o delegado do Goberno para garantir os pagos das facturas aos autónomos. Esta oposición foi a que puxo prezo ao seu voto, a que retirou os soldos políticos, a que dixo que se o alcalde dimitía aprobaba o Plan de Obras e Servizos. A que intentou, sen éxito, unha moción de censura. Unha oposición á que non lle importou os veciños, porque ata chegou a rexeitar un plan social de emprego a persoas en risco de exclusión social e laboral. Os veciños teñen agora a oportunidade de valorar todo isto e farano, seguro. O que fixo o PP non ten nome: votar en contra do POS ou de dicir que o aprobaba se o alcalde dimitía. E pese a todo temos un concello con 2,2 millóns de euros de remanente positivo.
A LISTA
- Xosé Lois García Carballido
- Noelia María Varela Suárez
- José Manuel Nuñel Costa
- Consuelo Martínez Lema
- José Antonio Fernández Cancela
- Martín Amado Varela
- José Ramón Pose Garrido
- Eduardo Vidal Soto
- Teresa Doldán García
- María Dolores Bermúdez Varela
- María Raquel Souto Álvarez
- María Claudina Trigo Calvete
- José Vidal García
- Suplentes: Vanesa Castro Pérez
- Xosé Castro Martínez
- María del Carmen Fernández Rodríguez
- Benigno Castro Rellán
- Ana María Castro Pose
- María Luísa Varela Varela
- Carmen García Eiroa
- María Encarnación Rodríguez Barca
- Diego Mourelle García
—Son sete partidos os que concorren as leccións. É o resultado dunha crise institucional sen precedentes en Ponteceso?
—Os veciños queren un proxecto estable, unha cabeza visible. Non queren xente que poña prezo ao seu voto. Pese a todo, nestes catro anos fixemos máis con menos:. Puxemos en valor as festas gastronómicas, das mellores de Galicia, ao igual que o Festiletras. Fixemos obras, como a que agora imos comezar coa primeira fase da traída de Langueirón. Ponteceso merece unha estabilidade e o PSOE é o partido que pode garantila. Eu podo dicir que traballei en favor de Ponteceso e dos veciños. Levo tres anos sen un día de vacacións, pero digo orgulloso que acadamos moitas cousas nestes catro anos. Puxemos en marcha o primeiro proxecto de aluguer de naves con opción de compra no polígono de Tella e agora outorgamos outras dúas licencias para outras tantas naves no polígono. Conseguimos a primeira oficina dixital de empresas do rural da Deputación na provincial grazas a un investimento de 400.000 euros.
—Se non acadara unha maioría absoluta, con quen pactaría?
—Xamais pactaría con xente que lle puxo prezo ao seu voto.
—Cal é a súa gran aposta para os vindeiros catro anos?
—A residencia dos maiores será unha realidade grazas a que se conseguiu o ciclo de atención sanitaria para o instituto de Ponteceso.
PREFERENCIAS
- A que hora se ergue? Ás 5.00
- Que almorza? Café, leite, un iogur... Algo san
- Prato preferido Peixe
- Que non comería? Carne con moita graxa
- Bebida preferida Auga con gas do tempo e limón
- Equipo de fútbol O Depor
- Que coche ten? Un Opel Vectra
- Unha afección Camiñar
- Un lugar Balarés
- Unha redE social? Todas as que podo
ARTES E LETRAS
- Escritor/a favorito/a Audiolibros e os da biblioteca
- Último libro que leu El club de las 5 de la mañana
- Última película que viu Lock, Stock and Two Smoking Barrels
- Un/a artista Nora En Pure
- Un actor Luís Tosar
- Unha actriz Penélope Cruz
- Un/a cantante ou grupo Queen
- Tipo de música De baile, para facer deporte
- Deporte que practica Fitness
- Unha viaxe pendente Coñecer todas as praias de Galicia