Bugallo presenta unha proposta para que tódolos barrios de Santiago conten cun ximnasio

LA VOZ

ELECCIONES 28M

CEDIDA

O primeiro será no polideportivo do Paxonal, para o que hai un proxecto de ampliación de 1.300 metros cadrados

16 may 2023 . Actualizado a las 23:28 h.

O rexedor e candidato socialista a revalidar a alcaldía de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentou unha nova proposta para que tódolos barrios da capital galega conten cun ximnasio. Con ela busca «fomentar os hábitos de vida saudables e promover a actividade física», así como converter a Santiago na «primeira cidade galega cunha rede de ximnasios de barrio».

Trátase, segundo Bugallo, dunha medida «pioneira» que busca «dotar de servizos e infraestruturas os barrios de Compostela». A primeira pedra colocarase no pavillón de Paxonal, para o que presentou un proxecto de ampliación de 1.300 metros cadrados de superficie aos que hai sumar outros 248 contemplados para as gradas, medrando a capacidade da instalación en 200 persoas.

O camiño pasa, segundo o socialista, por «renovar, ampliar e aproveitar a oportunidade para dotar os polideportivos dun ximnasio», algo que cree que se trata dunha medida que agradeceron os «veciñas e veciños que viven na súa proximidade, e que están facendo uso dos parques biosaludables, dispoñan dun espazo cuberto onde poidan realizar os seus exercicios».

Outros lugares

O actual rexedor explicou tamén que o modelo que se usará na ampliación do polideportivo de Restollal exportarase en cuestión de pouco tempo aos de Santa Isabel e Vite. Precisamente, o proxecto de rehabilitación deste último está en licitación por un importe de 1,3 millóns de euros.

Para a obra contemplada para Santa Isabel destinaranse 2 millóns e implicará melloras de habitabilidade e seguridade.