Compostela Aberta comprométese a rebaixar a burocracia nas axudas a familias e colectivos desfavorecidos

la voz

ELECCIONES 28M

CEDIDA

María Rozas destacou que o obxectivo é crear unha Renda de Garantía Infantil

16 may 2023 . Actualizado a las 23:28 h.

A candidata de Compostela Aberta (CA), María Rozas, comprometeuse a «reducir a burocracia, facilitar a tramitación e incrementar as axudas municipais ás familias para garantir a igualdade de dereitos e de oportunidades de todos os nenos e nenas de Santiago». Destacou que o obxectivo é crear unha Renda de Garantía Infantil, que buscará que se converta «na terceira pata das axudas sociais do Concello, xunto coa renda de garantía básica e as prestacións de rescate social».

Segundo Rozas, esa axuda podería ser de 120 euros mensuais por cada neno, e podería ser compatible coa Risga da Xunta de Galicia.