Dores Torrado: «Quedou demostrado que un concello do dinamismo que ten Boiro non se goberna con cinco concelleiros»

ELECCIONES 28M

Boiro Novo postúlase para liderar un posible goberno de esquerdas tralo 28 de maio
18 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Co obxectivo, xa non só de ser unha peza clave no goberno boirense, senón de lideralo, Dores Torrado volve estar á fronte do proxecto de Boiro Novo. Faino con un programa claro e co convencemento de que a esquerda ten que aliarse para «non facerlle o xogo á dereita».
—Cales son as grandes propostas de Boiro Novo nesta campaña?
—No ámbito das infraestruturas, a circunvalación por Berres que conecte Cabo de Cruz coa autovía e a rehabilitación integral da rúa Principal. Unha residencia pública da terceira idade e programas de conciliación familiar son outras prioridades. No eido deportivo propoñemos a ampliación do complexo da piscina e do das Colonias e o avance na dotación de herba artificial nos campos de fútbol municipais, xunto coa ampliación da rede de carril bici ás parroquias e a habilitación dun circuíto permanente de BTT. Melloras dos servizos básicos e pistas multideportivas ao aire libre nos núcleos de poboación que non teñan, avanzar na dotación de cubertas para os parques infantís e a creación da Tradi-escola, con bolos, baile e vela tradicional, son outras iniciativas.
—Como está a valorar a veciñanza a súa entrada no goberno local?
—A nosa entrada supuxo un punto de inflexión, foi clave para poñer o Concello a funcionar. A xente recoñece o impulso que lle demos neste ano e medio ás áreas nas que tivemos responsabilidade, como foron a Igualdade, Lingua e Memoria Histórica, e fixemos que o Deporte e os clubs deportivos estiveran no centro da vida política municipal.
—Con que expectativas afrontan o 28 de maio?
—Demostramos en este ano e medio co traballo feito que estamos capacitados para liderar un goberno progresista que poña no centro á xente en Boiro. Con ese obxectivo nos presentamos a estas eleccións.
—De darse un escenario similar ao do 2019, entrarían no goberno desde un principio?
—Quedou demostrado que un concello do dinamismo que ten Boiro non se goberna con cinco concelleiros, polo tanto é unha obriga das forzas de esquerda que non lle fagamos o xogo á dereita e que nos entendamos para conformar un goberno progresista que traballe dende o minuto un.
Recibe cada tarde en tu correo la newsletter Elecciones 28M con el adelanto en exclusiva de la encuesta de Sondaxe para La Voz y el resumen diario de la campaña en Galicia. Si todavía no eres suscriptor, suscríbete por solo 2€/mes.