
A artista coruñesa tamén atendería as necesidades das familias con nenos ampliando as garderías municipais e con más oferta nos meses de verán
21 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Diante un eco é o título do último disco de Sés. A artista coruñesa mostra nel parte das súas inquedanzas políticas, na liña habitual. Pero agora, de xeito imaxinario, vai tomar responsabilidade material gobernando A Coruña como alcaldesa. Aí, co bastón de mando, hai varias cousas nas que poría a súa forza.
En primeiro lugar, as necesidades das familias con nenos: «Creo que a rede de garderías municipais é insuficiente: oito para unha cidade de 250.000 habitantes. Habería que facer máis, pero tamén ofertalas para os meses de verán para aquelas familias as que lles sexa imposible coidar os nenos e non teñan cobertura familiar».
Outro tema no que interviría Sés é nas concesións municipais: «Limitaría o prezo dos párkings que están situados nos hospitais, mediante un subsidio do Concello ou asumindo a responsabilidade a empresa. É un custo prohibitivo para pais que teñen estadías moi prologadas nos hospitais. Tamén vixiaría espazos como o Pazo da Ópera. É unha insignia cultural e non debería acabar en mans de empresas que se dedican a cousas como as casas de apostas».
«Habería tamén que reforzar o tecido asociativo da cidade», opina á artista: «Daría máis axudas e fomentaría as asociacións de veciños, preparándoos e tamén formándoos para asumir responsabilidades. É unha forma de descentralizar a cidade, parece que está todo moi focalizado en certas áreas». E, por último, Sés tamén fai referencia ao caso do cárcere: «Non se pode deixar perder espazos como o cárcere. Hai que recuperalo para a cidadanía en temas culturais, pero non só iso. Mira que é bonito cando vas a unha exposición ao vello cárcere de Lugo».