Rubén Arroxo, candidato do BNG de Lugo: «Non teño pensado bañarme nas Caldas do Miño, son máis de facelo no río»

Suso Varela Pérez
suso varela LUGO / LA VOZ

ELECCIONES 28M

Rubén Arroxo, candidato del BNG
Rubén Arroxo, candidato del BNG ALBERTO LÓPEZ

O cabeza de lista do Bloque confía en que non se faga a Rolda Leste tal e como está proxectada

24 may 2023 . Actualizado a las 22:04 h.

O candidato do BNG á Alcaldía, Rubén Arroxo, naceu en 1985 en Lugo, no barrio de Fontiñas. Viviu de novo moitos anos na parroquia de Pías e agora vive no barrio de Fingoi.

É arquitecto técnico pola Universidade da Coruña e adestrador de atletismo. Iniciouse na política en Galiza Nova e comezou a ser candidato do BNG en Lugo desde o 2015, sendo o primeiro tenente de Alcaldesa desde o 2019. Responde de xeito conciso a un cuestionario de dez preguntas sobre aspectos relacionados coa campaña electoral e tamén cuestións persoais.

—Defina ruído electoral.

—Facer propostas que non se van a cumprir e só co obxectivo de gañar votos.

—Sabe vostede o que é un anónimo?

—Unha arma sucia que usa o Partido Popular cando hai un proceso electoral.

—Imaxinemos. A Rolda Leste está rematada. Vostede a usaría?

—Esperemos que non exista a Rolda Leste tal e como está deseñada.

—Que medida do programa de Olga Louzao, candidata de Ciudadanos, lle parece atinada e lle gustaría facer se ao final é alcalde?

—A rotonda da Fonte dos Ranchos, da que xa falamos con ela e incluímos nos orzamentos municipais.

—Ademais do Garañón, que outra cousa derrubaría de Lugo?

—A pasarela existente sobre o Carril das Flores, que dá acceso a un supermercado, para facer outra que harmonice co Camiño Primitivo e coa contorna da Muralla.

—Foi ou irá algún día a bañarse ás Caldas do Miño?

— Non, non tiña pensado. Son máis de bañarme no río.

—Se lle regalan unha bandeira de España, que faría con ela?

—Gardala no peto.

—Algunha vez un «gorrilla» pediulle cartos? E que fixo?

— Si, pedíronme cartos, e non llos din.

—A que personalidade, de calquera parte do mundo, traería a Lugo?

— A Pepe Mújica expresidente de Uruguai.

—Se volvera a nacer....

—Tería 37 anos menos.