Anxo Núñez: «Estamos a moi pouquiño de darlle a Outes o goberno que a veciñanza merece»

ELECCIONES 28M

O candidato do BNG leva catro anos formando parte do grupo municipal na corporación
26 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Ten petado practicamente no 80 % das portas de Outes levando o proxecto do BNG, e hoxe seguirá con ese labor porque Anxo Núñez está convencido de que encabeza a alternativa que precisa o municipio.
—Despois de catro anos na oposición, vívese a campaña de forma diferente?
—Totalmente. Neste tempo fixemos un traballo moi intenso, non chegamos hai dúas semanas, levamos catro anos de traballo continuo, reuníndonos con veciños regularmente. Así é como se constrúe un proxecto serio e creo que estamos a moi pouquiño de darlle a Outes o goberno que merece a veciñanza.
—Que cre que é o que merece a cidadanía de Outes?
—Hai dous piares: primeiro, pensamos Outes en grande, con propostas para que vaia a máis; e segundo, todo o que queremos facer é da man da veciñanza.
—Que cambios urxe acometer?
—Hai que comezar desde cousas básicas, a xestión diaria, mais tamén crear servizos novos. Outes ten moito potencial e hai que ter iniciativa desde o goberno para aproveitalo. Tamén temos propostas para solucionar un gran problema, como a falta de vivenda, potenciar o comercio local e crear un servizo de transporte municipal.