Juan José Doval: «Dei un paso adiante porque é necesario un cambio e hai que empezalo desde abaixo»

Marta Gómez Regenjo
M. Gómez RIBEIRA

ELECCIONES 28M

CEDIDA

O mariscador de Aguiño está á fronte do proxecto de Vox en Ribeira

26 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Juan José Doval é o cabeza de lista de Vox en Ribeira. A súa entrada na política foi casual, pero está firmemente comprometido co programa co que espera impulsar un cambio.

—Entraba nos seus plans presentarse ás eleccións?

—Non estaba para nada na miña cabeza meterme en política, pero estou farto de ver como está o país e ninguén fai nada. Propuxéronmo e dei un paso adiante porque é necesario un cambio e hai que empezado desde abaixo, desde os concellos.

—Que é o que queren cambiar en Ribeira?

—Hai uns puntos fundamentais do noso programa e, se entro na corporación, intentarei levalo a cabo. Se hai a opción de pactar farémolo, pero sempre coa condición de que se cumpran as nosas propostas. Para empezar, a familia ten que estar no centro das políticas; hai que reforzar a seguridade, con máis policías locais e reclamando máis axentes na Policía Nacional; no tema da economía é necesario chan industrial para que non marchen máis empresas e axudar ao comercio; o sector da pesca e o marisqueo é o pulmón de Ribeira e hai que apoialo; queremos unha rede de transporte coas parroquias eficaz e hai que recuperar a atención ao cidadán no Concello.