Víctor León: «Presentámonos porque en Porto do Son parece que hai cidadáns de primeira e de segunda»

Marta Gómez Regenjo
M. Gómez NOIA

ELECCIONES 28M

CEDIDA

Compromiso por Galicia presenta candidatura por primera vez no municipio sonense

26 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Non é a súa primeira participación nuns comicios e desta volta Víctor León confía en lograr representación no pleno sonense como cabeza de lista de Compromiso por Galicia.

—Que o impulsou a presentarse ás eleccións?

—Decidímonos presentarnos porque no noso concello parece que hai cidadáns de primeira e de segunda, e nós imos loitar polo interese de todos.

—Custa moito poñer en marcha unha candidatura desde cero?

—É moi difícil, temos menos vantaxe con respecto aos demais, pero temos algo que dicir, nós si temos ideas.

—Cales son as principais propostas do seu programa?

—Un dos proxectos que temos é crear vivendas colaborativas para os maiores, é un modelo co que se gaña calidade de vida e é viable. Tamén queremos promover vivenda de protección oficial e impulsar o agro cun mercado para comercializar produtos ecolóxicos de proximidade. Falamos xa con empresarios para poñer en marcha dunha vez o famoso polígono industrial, axudando sobre todo a pequenas e medianas empresas, e faremos parques infantís cubertos e un campo de fútbol municipal, ademais de mellorar as instalacións que hai.