Ramón Piñeiro e Ricardo Carballo Calero: cartas no corazón da cultura

FERROL

Carballo Calero e Piñeiro, nunha das imaxes do libro, tomada en Santiago.
Carballo Calero e Piñeiro, nunha das imaxes do libro, tomada en Santiago. centro ramón piñeiro< / span>

Publícase, en forma de libro, o epistolario integrado polas misivas que ambos intelectuais intercambiaban

18 ene 2016 . Actualizado a las 13:29 h.

O novo número da colección Cadernos Ramón Piñeiro, que é o trixésimo terceiro dunha colección imprescindible para entender a verdadeira dimensión das letras galegas do pasado século, recolle a totalidade das cartas intercambiadas polo propio Piñeiro e por Ricardo Carballo Calero ao longo de máis de trinta anos; concretamente, entre 1950 e 1982. En total, son 226 misivas, das que Carballo escribiu 104 e Piñeiro escribiu 122. Cartas que se fan máis frecuentes durante o tempo no que Carballo Calero prepara para Galaxia, a editorial que dirixía Piñeiro, a súa Historia da literatura galega contemporánea e a súa Gramática elemental del gallego común, que verían a lus, respectivamente, nos anos 1963 e 1966. O Epistolario publícase en edición de Luís Alonso Girgado, Luís Cochón, Nuria Rouco Aneiros e Xurxo Martínez González, e inclúe entre as súas páxinas algunas fotografías que tamén farán, sen dúbida, as delicias do lector.