Un minuto de cuestionario Proust

La Voz

FERROL

11 dic 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Que director adora?

Non podo elixir. Quizais bebo un pouco nestes momentos de Jarmusch, García Ibarra ou Martin McDonagh. Nese estilo de humor con tintes moi negros. É un pouco o estilo que me representa máis.

 Un héroe o heroíña de ficción? E da vida real?

Ignatius Reilly. Marge Gunderson (a poli de «Fargo»). Heroes na vida real podería dicir tamén Edu Hermida, máis como estamos en datas de Mundial, vou dicir Luka Modric.

Músico imprescindible?

Diría tamén que Edu Hermida, pero tirarei un pouco de nostalxia aínda que non son moi nostálxico: así que Eddie Vedder.

Un artista?

Tamén Eduardo Hermida, sempre ten a valentía de presentarse tal e como é, coas súas luces e as súa sombras. De agradecer.

 Que rincón le inspira más en la ciudad?

Como cinematográfico: as Rosas de Caranza. Para relaxarme, calquera dos sofás de Cuerda Floja

 A que aventura no sabe dicir que non?

Proxectos como «Así Soa». Un formato diario documental para YouTube con esceas sonoras de diferentes espazos e horas cun son binaural en catro dimensións. Rodamos 366 escenas facendo o ano desde o 1 de maio de 2021 ao 1 de maio de 2022 e pensamos rodar máis.