
A portavoz nacional do BNG presenta ao candidato municipal por Fene, "para lograr un resultado histórico"
30 mar 2023 . Actualizado a las 23:10 h.Na presentación de Juventino Trigo como candidato á alcaldía de Fene, a portavoz nacional do BNG destacou «a súa lección de dignidade ao longo destes anos». Ana Pontón definiuno como «un alcalde honesto». E vaticinou «un resultado histórico do BNG nas municipais, como xa foi histórico o do ano 2020».
Segundo Pontón, eses resultados lograranse «grazas á lección de dignidade e de honestidade política ao longo destes anos» de Trigo e de todo o seu equipo. Deles destacou que «fixeron un traballo en positivo, apoiando o tecido económico local, os sectores produtivos como o marisqueo ou o naval nun concello que comparte con Ferrol os mellores estaleiros do Estado».
Para a portavoz nacional do BNG esta candidatura local «representa o entusiasmo, a vitalidade, o empuxe e o optimismo que tanto necesitan Fene e a sociedade galega».