Participaron máis de 230 estudantes dos CEIP Maciñeira e San Isidro
13 may 2023 . Actualizado a las 09:48 h.Os Maios, como festa de benvida á primavera e de exaltación das colleitas, continúa celebrándose por toda a comarca. Este venres, o alumnado dos colexios de Neda participou nesta celebración na feira de Albarón. Asistiron as nenas e os nenos de Infantil e Primaria, «como grandes protagonistas dos Maios da vila», segundo recalcou o propio Concello.
Máis de 230 estudantes dos CEIP Maciñeira e San Isidro ocupáronse de «vestir con flores ás árbores da feira de Albarón e degustar uns boliños preñados». A continuación realizaron un flashmob co tema Midas das Tanxugueiras.
A multitudinaria coreografía, que foi ensaiada grazas á axuda do centro UPA (Un Paso Adelante de Narón), compartirase en cuestión de días a través das redes sociais municipais.