
Os veciños piden a titularidade municipal do edificio
23 sep 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Ante o estado de abandono da casa indiana de San Román en Xuvia, o BNG de Narón, representado por Olaia Ledo, pide en redes a defensa deste patrimonio nos orzamentos municipais do próximo ano: «A historia de Xuvia é de todos».
Tamén dende o PSOE de Narón, Jorge Ulla recalca a defensa deste patrimonio «que non só é de Xuvia senón de todos os veciños de Narón».
Os veciños reclaman a titularidade municipal do edificio para darlle usos públicos.