Na memoria de Rafael Pillado: entidades e familiares lembran ao «gran amigo e político integral»
FERROL / LA VOZ
FERROL
O acto foi organizado por Fuco Buxán no Carvalho Calero
01 mar 2024 . Actualizado a las 10:34 h.Tan querido era Rafael Pillado que un ano despois do seu falecemento os seus familiares e amigos teñen cada vez máis presente o seu recordo. Nun memorial na honra deste loitador antifranquista, a entidade Fuco Buxán da que formaba parte reuniu onte ao seu entorno no centro cultural Carvalho Calero.
«Gran amigo e político integral», como apunta Víctor G. Novás desde Fuco, a Pillado adicáronlle palabras desde Agavida (coa emoción de que el morreu por culpa do amianto) e o Comité Cidadán de Emerxencia.
Proxectáronse vídeos da súa participación en manifestacións desde 1977, ou unha mensaxe de Cristina Almeida. E pola familia interviu o seu irmán Raúl Pillado.