Grande Amore, Carlos Blanco e Caamaño & Ameixeiras na cultura de Fene

La Voz FENE / LA VOZ

FERROL

Grande Amore actuarán en Fene
Grande Amore actuarán en Fene XAVI IGLESIAS

O Concello presenta a súa programación cultural para os próximos meses

04 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Con 16 grandes espectáculos para os vindeiros meses e moitas outras actuacións, o Concello de Fene traerá a Grande Amore (o grupo de rock electrónico de moda) e Caamaño & Ameixeiras (referentes do último folk) nun concerto o 11 de xullo. Tamén haberá un monólogo do actor Carlos Blanco (10 de xullo), entre outras actividades no marco dos programas da Rede Cultural da Deputación e de Cultura no Camiño da Agadic.

A programación ata finais de ano inclúe a Terbutalina, Pepo Suevos e aos veciños Daniel Bellón e Diego Maceiras xunto a Mamá Cabra. Na música pasarán Iria Estévez, Os Cantaberneiros, Ataque Escampe e A Banda de Poi.

Tamén virán a Fene Pepo Suevos, Leti da Taberna e Brais das Hortas. Para o público infantil haberá espectáculos de Peter Punk, o mago Dani Polo, O Castiñeiro do Apalpador, Magic Mateo ou Mamá Cabra. E celébrase o 40 aniversario do Museo do Humor.