Narón logra outro apoio unánime para o Consello Sectorial da Memoria Histórica
FERROL

Luz verde de Terra Galega, PP, BNG e PSOE ao regulamento de funcionamento deste órgano asesor
29 sep 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Co respaldo unánime de todos os grupos municipais, o Consello Sectorial da Memoria Histórica de Narón logrou un novo paso no último pleno da corporación. Terra Galega, PP, BNG e PSOE concederon luz verde á aprobación do regulamento de funcionamento dese Consello Sectorial Municipal. Trátase dun órgano asesor que, ao amparo da lei da Memoria Democrática, asistirá ao Concello de Narón nos temas desta índole.
O Consello Sectorial da Memoria Histórica de Narón foi creado a proposta da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, e unha representación da entidade asistiu ao pleno celebrado o xoves.
Recalca que «estaremos representados no Consello xunto con membros dos grupos municipais e historiadores, é un paso importante para a recuperación da memoria».