
A bordo da F-102
10 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, acompañado da subdelegada na Coruña, María Rivas, e do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, participaron onte (na imaxe da esquerda) nun exercicio da Armada na ría de Ferrol. Todos estiveron a bordo da fragata F-102 Almirante Juan de Borbón. O delegado agradeceu ao almirante xefe do Arsenal de Ferrol, Gonzalo Villar, a oportunidade de participar neste exercicio, ao tempo que puxo en valor o traballo que desenvolven a diario os homes e mulleres da Armada na defensa e salvagarda dos intereses de España.