Nace a Casiña dos Contos en Ares para un intercambio veciñal de libros

La Voz ARES / LA VOZ

FERROL

A concelleira Alma Barrón na Casiña dos Contos en Ares
A concelleira Alma Barrón na Casiña dos Contos en Ares Cedida

Os lectores poden gozar da súa lectura xunto ao parque Rosalía de Castro, ou levar algún exemplar para casa sempre que deixen outro no seu sitio

12 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Xunto ao parque Rosalía de Castro, o Concello de Ares acaba de instalar a súa Casiña dos Contos. Trátase dunha minibiblioteca con libros infantís, xuvenís e de adultos «para facer que a literatura chegue ao maior número de recunchos posibles». A presentación correu a cargo de Alma Barrón, concelleira de Cultura, que destacou a posibilidade de «gozar de boas historias nunha contorna natural agradable».

O funcionamento consiste en que o usuario poderá «coller calquera conto que estea dentro, gozar del ao aire libre e devolvelo posteriormente á casiña».

A maiores, se o lector queda enganchado dalgunha historia pode levar o libro para casa coa condición de deixar outro no seu sitio. O mobiliario creouse no obradoiro Reinicia X.