
Ten previsto acometer a mellora da beirarrúa e os servizos na marxe esquerda da Rúa Rego do Muíño e nun tramo da rúa Areosa
11 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello das Pontes ten previsto acometer a mellora da beirarrúa e os servizos na marxe esquerda da Rúa Rego do Muíño e nun tramo da rúa Areosa.
Os traballos, cun orzamento de 308.900 euros, con cargo á Deputación da Coruña levaranse a cabo nunha das arterias principais da mobilidade da localidade e permitirá a renovación dos servizos urbanos de saneamento e alumeado así como a renovación do pavimento seguindo o modelo das intervencións realizadas recentemente en rúas da contorna.
Así procederase á substitución do pavimento da beirarrúa por un novo solado de baldosas hidráulicas, agás arredor das árbores, onde se utilizará pavimento drenante e en orde a garantir a accesibilidade universal, proxéctase a supresión daqueles elementos e cambios de nivel que supoñen unha barreira no desprazamento das persoas con problemas de mobilidade e executarase un itinerario peonil accesible, ampliando a beirarrúa existente.