
O portavoz nacionalista, Iván Rivas, acusou ao executivo do PP de vulnerar os dereitos lingüísticos dos veciños
12 abr 2025 . Actualizado a las 13:37 h.O BNG acusou ao goberno local de vulnerar os dereitos lingüísticos dos veciños. Fíxoo despois da Mesa de Mobilidade celebrada onte para abordar o novo plan. O voceiro nacionalista, Iván Rivas, relatou que a concelleira de Mobilidade, Pamen Pieltain, instouno a expresarse en castelán e cuestionou que empregase o galego polo feito de que a empresa redactora do PMUS —Doymo, con sede en Barcelona— «non comprendese o galego». Rivas aludiu a outros «incumprimentos» do goberno, pero o de onte, dixo, «supón ir un paso máis alá na ofensiva contra a nosa lingua».