
Visita en Ferrol
13 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A deputada de Igualdade, Soledad Agra, acompañada da deputada provincial Cristina García Rey, visitaron o centro O Mencer, que xestiona a orde das Oblatas, co obxectivo de apoiar as mulleres vítimas da explotación sexual Unha visita que se enmarca no apoio da Deputación a esta entidade, a través da liña de subvencións a políticas de igualdade. Ademais, tamén aproveitaron para visitar a exposición fotográfica Punto e seguimos. A vida pode máis que ten como obxectivo sensibilizar sobre a realidade da trata de persoas.
A deputada puxo en valor o traballo da entidade na loita contra a explotación sexual, «a maior das discriminacións que sufrimos as mulleres». Pola súa banda, dende a entidade agradeceron o apoio continuado da entidade provincial, sinalando ademais que «todas as dotacións técnicas coas que contamos son grazas ás axudas da Deputación». Soledad Agra coñeceu de primeira man a actividade das Oblatas no centro de Día O Mencer que traballa co obxectivo de favorecer o desenvolvemento integral e a autonomía das mulleres que están en situación de prostitución ou son vítimas da trata. A deputada destacou non só o labor de apoio que exercen ás mulleres, senón tamén a «sensibilización social e denuncia para combater estas situacións tan inxustas».