Ferrol celebra o Día de Galicia coa ofrenda floral a Fontenla Leal

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL

kiko delgado

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, presidiu este xoves o acto institucional

25 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, presidiu este xoves o acto institucional conmemorativo do Día de Galicia na Praza do Himno Galego, en Esteiro, onde se realizou a tradicional ofrenda floral no monumento de Xosé Fontenla Leal. Ao acto asistiu a corporación municipal e representantes de diferentes entidades da cidade.

Durante o acto, o rexedor lembrou a figura de Fontenla Leal, persoeiro clave na creación da Real Academia Galega e divulgador incansable da cultura galega desde Cuba, país ao que emigrou xunto a seus pais. Rey Varela lembrou que «a nosa identidade aséntase na maneira en que vivimos e compartimos a nosa terra».