
Interpretarán en Narón «Somos criminais e punto final»
27 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Con máis de 100.000 espectadores desde a súa estrea en 2018, o espectáculo Somos Criminais é o de maior éxito nos últimos tempos en Galicia. E hoxe chega a Narón coa terceira parte da triloxía, chamada Somos Criminais e punto final. Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco deleitarán ao público no Pazo da Cultura,
A cita será ás 21.00 horas, e case todas as entradas xa foron vendidas pero aínda quedan algunhas en taquilla. A xira pasará despois por Vigo, Vilagarcía de Arousa e A Coruña ata o 1 de novembro.