
O colectivo organiza un outubro cheo de actividades
03 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O colectivo de Piruchela conta cunha intensa programación cultural para o mes de outubro. Este venres haberá unha intervención de Fayez Badawi e o domingo unha saída en bici pola contorna.
As citas do mes inclúen a presentación do libro As historias da Galiza natural co seu autor Joâo Aveledo o día 11, e a entrevista ao músico Xurxo Souto para o podcast Onda Piruchela o 12.
Ademais en outubro haberá obradoiros de cabezudos e cociña vegana, e encontros sobre cogumelos.