A policía local lembra que o plantel está ao 50% polas baixas

La Voz LA VOZ | FERROL

AS PONTES

07 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

A Policía Local das Pontes lembrou onte unha circunstancia que hai tempo ten mermado o plantel dos efectivos de seguridade cidadá. Trátase do feito de que, dos catorce axentes ponteses, un total de seis non traballan por mor dunha baixa médica. O máis chamativo da situación, segundo mesmo contan dende a policía local, é que a causa de que estes axentes estean de baixa é psicolóxica. Así, a prescrición médica para ausentarse do traballo susténtanse no estres ou a depresión. A situación fai que, actualmente, as quendas da policía sexan dun axente en vez de dous. Non obstante, o Concello de As Pontes xa ten en marcha un proceso (estase a seleccionar aos candidatos) para contratar a un axente máis e a dúas persoas como auxiliares para o corpo.