Cabanas abre o prazo para a feira de Santa Marta

La Voz CABANAS / LA VOZ

CABANAS

Imagen de archivo del Concello de Cabanas
Imagen de archivo del Concello de Cabanas L. Castro

Desde o vindeiro luns ata o 24 de xullo

18 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Cabanas abre este luns o prazo de solicitudes para participar na feira de Santa Marta, que se celebra do 1 ao 3 de agosto no Paseo da Madalena.

Os interesados en acudir cos seus postos teñen ata o xoves 24 de xullo para presentar as súas peticións a través do rexistro municipal, de modo presencial ou telemático.

O Concello de Cabanas organizará os postos de xeito que se respeten os accesos ao piñeiral, e o mobiliario urbano.