
Los candidatos popular y nacionalista debutan, frente a un alcalde con dos mandatos de aval
22 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Después de cuatro años de gobierno tripartito en Cedeira, entre PSOE, Anova y BNG, con los socialistas en la alcaldía, consiguieron la mayoría absoluta en las elecciones de 2019, con más del 51 % de los votos emitidos. Ahora, el PP, con cuatro ediles y nuevo candidato, el exalcalde de Moeche Xulio Cribeiro García; y el BNG, con dos concejales y José Antonio Rodríguez Arribe debutando como cabeza de lista, barajan sus cartas para intentar socavar la mayoría del PSOE, encabezado, por tercera vez, por Pablo Diego Moreda Gil.
En el año 2000, Cedeira tenía 7.528 habitantes empadronados y en 2022 eran 6.626, casi un 12 % menos, una caída demográfica inferior a la media de la zona. El sector primario (pesca, forestal y ganadería) y el turismo constituyen los ejes de la economía de este municipio de Ferrolterra.

Pablo Diego Moreda Gil, PSOE: «É fundamental seguir coa participación e a aposta polas asociacións»
Pablo Diego Moreda Gil, enxeñeiro técnico agrícola de 49 anos, aspira de novo ao cargo que acadou no 2015 ao fronte dunha coalición con BNG e Anova, e revalidou no 2019, con maioría absoluta. Sostén que «a campaña tiña que basearse no traballo feito durante os catro anos, tanto por parte do goberno como da oposición» e rexeita «os brindes ao sol». «Cando alguén promete algo, que explique como o vai facer, porque as necesidades que hai vémolas todos», reflexiona. E bota en falta propostas por parte da oposición neste mandato.
—Vese lonxe a pandemia...
—Si, pero condicionou moito, e tanto o grupo de goberno como Protección Civil, Policía Local, as limpadoras, as traballadoras do SAF, os médicos... todos desenrolamos un traballo fantástico cos medios que había.
—Que logros destacaría?
—Aprobar o orzamento significa traballar cunha planificación anual real. Do 15 ao 19 aprobamos tres, e do 19 ao 23, cinco. A partir de aí, traballamos cos remanentes, este ano estamos aprobando xa os convenios, sacamos a liña de subvencións e logo poderán cobrar as entidades [...]. Aumentaron un 20 ou un 30 % os contratos menores e as obras maiores, potenciamos o saneamento na zona urbana e rural e compramos un tractor para ter as pistas o mellor posible. É un logro a participación cidadá, un goberno cunha política de portas abertas a todas as entidades; empezamos os orzamentos participativos do instituto, que nos valeron para preparar as mesas de participación cidadá que imos facer polas parroquias. A capacidade de diálogo coa Xunta (o compromiso do novo centro de saúde), o Goberno do Estado (fíxose a recuperación das cetáreas, e agora virá a rexeneración da praia da Magdalena, por tres millóns de euros) e a Deputación (a variante de Tide). Tamén estou moi orgulloso de sacar os plans de igualdade e de infancia e adolescencia.
—E de aquí en diante?
—Fundamental seguir coa participación e a aposta polas asociacións; aproveitar as oportunidades turísticas do xeoparque; conseguir o centro de saúde; a rexeneración da praia; fixemos proposta e estudo de viabilidade para a piscina, para que Xunta e Deputación se comprometan a financiala (a terzos) co Concello, que non pode asumir só un gasto de 3,5 millóns; un Plan Xeral aberto e participativo para modernizar Cedeira; o novo contrato de recollida do lixo; insistir á Xunta para mellorar o tramo das curvas de Landeira da AC-566...

Xulio Cribeiro García, PP: «Puedo contribuir a mejorar Cedeira, por experiencia»
Xulio Cribeiro García, médico de 63 años y exregidor de Moeche, aspira a la alcaldía del pueblo donde nació, algo que recalca. Es el candidato del PP, aunque insiste en que ni está afiliado ni figuran las siglas del partido en su cartelería, deliberadamente. Explica su decisión «por la deriva que lleva Cedeira estos ocho años, con servicios básicos que no se han acometido». «Creo que puedo contribuir a mejorar Cedeira, por experiencia. Me siento preparado para asumir un reto difícil, pero no imposible, que es ganar la mayoría, siete concejales o más», repite.
Como avales, aparte de sus orígenes, esgrime las visitas, ya realizadas o previstas, de los conselleiros de Mar —«le pedí la construcción de un puerto deportivo»—, Sanidade —«para que se comprometa a construir un centro de salud nuevo, que se perdió en 2018 por las trabas del Ayuntamiento»—, Medio Rural —«para un aprovechamiento más racional de A Capelada»—, Infraestruturas —«porque la carretera Cedeira-Ferrol, lenta y sinuosa, debe transformarse en una vía ágil y rápida»— y Política Social —«la construcción de un centro de día»—. Esos son «los cinco pilares» de su programa.
También promete construir una piscina de 25 metros, la aprobación del Plan Xeral, agilizar los trámites administrativos del Concello o acabar con «el abandono del medio rural a la mayor brevedad posible».

José Antonio Rodríguez Arribe, BNG: «Os cidadáns teñen que ser o centro»
José Antonio Rodríguez Arribe, Xosé de Vigo, enfermeiro e técnico de prevención de riscos (especialista no sector pesqueiro) e activista cultural de 74 anos. Así se define o candidato do BNG, que reprocha ao goberno do PSOE «que estea empezando a investir agora, coa escusa da pandemia». E subliña a súa aposta por «poñer aos cidadáns no centro, non colocarse en hipóteses irrealizables nin en obras para ver».
Debutante ao fronte da lista, presume de equipo e di que andan a escoitar aos veciños «para coñecer as súas necesidades, que é o importante». Se goberna, «acabáronse as obras faraónicas», reitera. E resume as propostas: «Recuperar a educación (quitaron profesores no instituto); non queremos un centro de saúde novo, senón cheo de persoal; darlle un empuxón aos servizos sociais; un plan especial de recuperación da vila vella e a revisión do plan urbanístico en zonas puntuais; e crear o consello municipal de cultura e deportes, para que todos os clubs e asociacións poidan opinar, incluso no reparto das axudas».
Tamén quere destinar o Palacete aos maiores, como centro lúdico; crear unha filial do conservatorio de música de Ferrol ou da Coruña, ou «estender as redes de auga e saneamento a todas as parroquias».