A lenda de Ubalda, que viviu entre Neda e Cedeira: a súa familia lémbraa nun xantar anual desde 2006
CEDEIRA

Hai 19 anos que faleceu e desde entón, fillos, netos, bisnetos e o resto de parentes xúntanse para renderlle homenaxe
12 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hai xa 19 anos que a luz de Ubalda Franco Corral se apagou, pero a súa presenza segue viva nos corazóns dos que a queren. Nacida (en Neda) cun sorriso que iluminaba cada recuncho, foi unha muller de fortaleza e amor, unha matriarca que soubo guiar aos seus oito fillos con sabedoría e agarimo. Desde cativa soñaba con ter unha familia grande.
Cada un dos seus fillos era un tesouro, parte fundamental do seu ser. Lembro como se sentaba no fogar, rodeada das risas e dos xogos dos fillos, nun ambiente cheo de alegría. A súa cociña era o corazón da casa, onde as receitas tradicionais se transmitían de xeración en xeración.
Casou e viviu en Cedeira e non só foi unha nai excepcional; tamén foi unha amiga leal e unha conselleira sabia. A súa paciencia era infinita e a súa capacidade para escoitar, inigualable. A vida non sempre lle foi fácil, pero nunca perdeu a esperanza. En cada tempestade familiar, era a roca sobre a que todos podían apoiarse. Con cada desafío superado, fortalecía os lazos entre os fillos e creaba recordos imborrables.
Hoxe, logo de 19 anos sen ela, seguimos celebrando o seu legado (este ano cunha nova bisneta, Lúa, de seis meses). Os seus fillos son testemuño do amor incondicional que lles deu. As historias sobre Ubalda son contadas en cada reunión familiar; as risas resoan na memoria e os valores que impartiu seguen vivos nas novas xeracións. Será sempre recordada como unha muller forte e amorosa que construíu unha familia chea de amor. O seu legado perdura en cada sorriso de fillos e netos, recordándonos que o amor verdadeiro nunca morre.