Cedeira presenta o libro infantil «Xe», de Laura Boubeta Bamio, na cafetería Momo, por iniciativa de Mestas
CEDEIRA
CEDEIRA
A autora e a ilustradora falarán da obra este venres, día 24, ás sete da tarde
22 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O colectivo LGTBIQ+ Mestas, con sede en Cedeira, organiza a presentación do libro infantil «Xe», de Laura Boubeta Bamio. Terá lugar este venres, día 24 de outubro, ás 19 horas, na cafetería Momo, na vila de Cedeira.
Intervirán a autora e a ilustradora da obra, Sara Valcárcel. Con este acto, Mestas celebra o Día Internacional da Intersexualidade, que se conmemora o día 26 de outubro.
Desde a asociación convidan a todos a descubrir esta historia dun neno, ou dunha nena. Quen o sabe?, un relato cheo de misterio.