A fenesa Gisela Mato obtén o Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé

Gala Dacosta Diehl
Gala Dacosta FENE / LA VOZ

FENE

O poemario Fraxilidades foi escollido polo xurado entre as 74 obras candidatas

06 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Gisela Mato Rivera (Xenebra, 1978) acaba de ser galardoada na XXXV edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé. Este premio, convocado cada ano polo Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene, conta co apoio do Concello fenés. A obra de Mato, Fraxilidades, foi escollida polo xurado entre as 74 obras presentadas. Gisela Mato recibiu o I Premio de poesía do IES Otero Pedrayo e o VIII Premio Rosa de Cen follas en 2015. No ano 2020, publicou a súa primeira colección de relatos, Cuerpos ajenos.