
Organizados polo Concello, remataron estes días
08 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Máis de cen maiores de Fene, nunhas sesións dinamizadas por Afal, participaron no programa de envellecemento activo organizado polo Concello. Eses Seráns Activos desenvolvéronse de novembro a xuño polas diferentes parroquias, co apoio das entidades veciñais e culturais. Houbo obradoiros e experiencias «co obxectivo de que poidan gozar dun tempo de lecer activo e satisfactorio, contribuíndo a mellorar con oportunidades para acadar ese envellecemento activo».
Os obradoiros foron Espazo de memoria; Lembranzas: o banco da memoria; e Recuperación da memoria.
Participaron 105 persoas entre outubro e xuño, con 630 horas.