Rego pedirá o estudo informativo da Rolda Oeste para Fene, para comunicar Vilar do Colo con Navantia

La Voz FENE / LA VOZ

FENE

Néstor Rego na reunión con Sandra Permuy
Néstor Rego na reunión con Sandra Permuy Cedida

O proxecto resolvería os problemas de circulación de mercadorías de gran tamaño

06 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Nunha reunión celebrada onte co goberno de Fene, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, afirmou que reclamará o estudo informativo da Rolda Oeste. Segundo os nacionalistas, «trátase dunha infraestrutura estratéxica que figura tanto no PXOM de Fene como no Plan de Estradas de Galicia».

O proxecto prevé «unha vía de conexión entre o polígono industrial de Vilar do Colo e a entrada principal de Navantia, permitindo acceder desde a AP-9 e a N-651 ata o inicio da ponte das Pías».

Según indicó con la alcaldesa Sandra Permuy, sería «clave para resolver os problemas de circulación de mercadorías de gran tamaño».