Case medio milleiro de alumnos aprenderán sobre circulación na Escola de Mobilidade

la voz FERROL / LA VOZ

FERROL CIUDAD

LVG

Os asistentes aprenderán cun policía local as regras de seguridade viaria

09 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Preto de 400 alumnos de Ferrol acudirán antes do final deste ano á Escola de Mobilidade do Concello, nas instalacións de FIMO, onde aprenderán normas básicas de circulación. Pertencen á ducia de centros escolares de Ferrol, tanto públicos como concertados, que ata o momento amosaron o seu interese en participar nesta iniciativa. A primeira visita será o martes, 22 de novembro.

Todos os asistentes irán en horario de mañá e aprenderán cun policía local as regras de seguridade viaria que a continuación poñerán en práctica no circuíto de karts. Ademais, os escolares poderán xogar ao Tres en Raia, con pezas xigantes de sinais de tráfico, e ao xogo da Oca, para coñecer as normas de circulación e curiosidades da cidade de Ferrol.

O obxectivo do Concello é, como explica o edil de Seguridade e Tráfico Germán Costoya, «seguir avanzando na seguridade e na educación viaria dos nosos veciños, e consideramos que é importante facelo dende idadés temperás». Os centros escolares de Ferrol interesados en acudir á Escola municipal de Mobilidade poden solicitar adherirse ao programa a través do correo electrónico 092@ferrol.es.