Feira de empresas e talento no campus mañá, que tamén acolle dúas mesas redondas

la voz FERROL

FERROL CIUDAD

Imagen de una edición anterior
Imagen de una edición anterior JOSE PARDO

No barrio de Esteiro de Ferrol

09 oct 2024 . Actualizado a las 12:10 h.

O pavillón municipal de Esteiro acolle mañá a segunda edición da Feira de Empresas e Talento Festalent. Dende as dez da mañá ata as 14 horas e de 15 a 18.30 horas, as máis de 40 empresas e institucións, da man do Campus Industrial da Universidade da Coruña que promove, un ano máis, participan nunha iniciativa que pretende darlle visibilidade e tecer pontes de contacto co alumnado universitario que está a buscar a súa primeira oportunidade laboral.

Neste espazo, e como novidade nesta segunda edición, haberá un córner dedicado exclusivamente ao emprendemento no que o público asistente poderá coñecer de primeira man tres proxectos nados no Campus Industrial de Ferrol. Por outra banda, o salón de actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, de xeito paralelo, tamén de dez a dúas da tarde horas, unha conferencia sobre emprendemento impartida pola cofundadora da empresa de enxeñaría CESAC, Soledad Somoza; dúas mesas redondas centradas no papel dos colexios profesionais e nas perspectivas de emprego sectorial desde o punto de vista da empresa, respectivamente, así como un obradoiro de marca persoal impartido pola fundadora de Strategia Online e EME Escuela de Marketing, Begoña Rodríguez. A primeira mesa comenzará ás dez, mentres que a segunda iniciarase en torno ás 13 horas.