
O que foi cantante de La Polla Records ou Gatillazo dará un concerto para un cento de persoas neste local do Barqueiro
14 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Tropa do Carallo, a actual banda de Evaristo Páramos, que foi cantante de La Polla Records ou Gatillazo, dará un concerto o 27 de outubro no bar Queiro, situado no Barqueiro, no municipio de Mañón.
Tocará para un aforo limitado a cen persoas, co grupo local Punta Norte de teloneiro. Esta formación achegará o seu equipo de son para facer posible unha noite que promete boa música e diversión.
«A iniciativa partiu dunha conversa entre amigos, que levou a intentar contactar co grupo para propoñer vir tocar... e a resposta positiva deixounos abraiados», contan. As entradas xa están á venda no bar Queiro, por 20 euros, ata que se esgoten.